Logo Xunta de Galicia Logo Xunta Consultiva Logo da Plataforma de Contratación de Galicia

Plataforma de Contratación Pública de Galicia

Instruccións para darse de alta na Plataforma de Contratación Pública de Galicia

Neste apartado descríbense as instruccións para que os órganos de contratación das diferentes administracións galegas, entes públicos, organismos autónomos, etc., do sector público galego, poidan darse de alta na Plataforma de Contratación Pública de Galicia e así facer publicidade de todas as súas licitacións.

Alta do perfil dun organismo:

  • Cumprimentar o formulario de alta de perfil do contratante. Deberá estar correctamente cumprimentado. A firma ten que ser a da persoa responsable do organismo.  (Acceso ao formulario).
  • Según as instruccións do formulario de alta do perfil do contratante, deberá enviarse o logo do organismo en formato (gif, jpg, ou png preferentemente) cun tamaño máximo de 170x55 px. e a ser posible con fondo transparente.
  • Instruccións de réxime interno aplicables a ese organismo, nos casos que proceda (arquivo en formato pdf).
  • Alta (ou baixa) de usuarios:

  • Cumprimentar a solicitude de usuario. Para organismos que non teñan acceso á Rede Corporativa da Xunta de Galicia, os usuarios deberán estar obrigatoriamente en posesión dun certificado dixital clase 2 CA (persoal) da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda, nos demáis casos non é obrigatorio e o acceso será mediante usuario/contrasinal. Farase unha solicitude por cada usuario. (Acceso ao formulario).
  • As solicitudes enviaranse asinadas e seladas ao número de fax que nelas se indica.
  • Para calquer dúbida enviar un correo electrónico a pcpg@xunta.es.
  • © Xunta de Galicia
    Para calquer cuestión de carácter técnico que detecte ao navegar pola Plataforma de Contratación Pública de Galicia,
    pode comunicalo ao seguinte enderezo electrónico: pcg@xunta.es
    Pode subscribirse ás últimas
    publicacións cun lector de feeds